A estupidez dos nosos gobernantes supera a ficción… unha vez máis. Eu sempre viaxo cun arma a bordo e non fai falla ningunha lei que o permita. Véndenmela eles mesmos, nas tendas dos aeroportos, moi baratiñas, meu. Antes de embarcar, collo unha botella de ron cubano e así, ademáis de ledo, síntome protexido. En caso de ataque, ZAS! engullo un trago longo, e vexamos que secuestrador de avións o atura.

Era complicado ponelo máis doado aínda. Se o Stallonede turno ten un despiste (algo bastante frecuente xá cando “apatrullan” as cidades) pode que o seu compañero de asiento resulte ser un loco perigoso que aproveita para enfundar o seu arma e mandarnos a todos contra unha torre. A esquizofrenia colectiva que tería lugar podería asemellarse e a esta:



Parece que coa nova norma, algunhas cousas si cambiarán, como por exemplo a absurda prohibición de levar líquidos a bordo. Non crean que eles apiadánse de nós, os ciudadáns de a pé. O que pasa é que os eurodiputados, que viaxan tódalas semanas a Bruselas, a Estrasburgo ou ós seus países de orixe, cansáronse de gastar os nosos impostos en Eau de Barajas.

Polo menos non se repetirán episodios como o que aconteceume nun aeroporto europeo que non quero nin lembrar. Como esquecín facturar o meu desodorante en sprai, o Spanish Rambo de turno obligoume a deixalo en terra. Díxome que se quería podería usalo por derradeira vez (como o derradeiro desexo dun condeado a estar 5 días sen asearse os sobacos) así que para evitar que o fulano marchara a casa cun desodorante gratis, o derramei entero no seu nariz. O vixilante saliu correndo, asustado coma unha galiña, mentras gritaba “está loco! está loco!, podería ser un arma química!” ata que regresou tralo lombo dun garda civil con cara de malo leite.

Cati Kaoe
Casi 300 películas como esta.

Agora teremos a oportunidade de contemplar de novo esceas surrealistas sen necesidade de selos protagonistas nen apestar durante unha semana, gracias ó derradeiro estreno de a comedia “Casi 300”. O xénero de comedia absurda entrara en decadencia nos últimos 10 anos por mor de películas mediocres como Scary Movie. Durante os anos 80, “Hot Shots” (1991), “Agárralo como puedas” e as súas secuelas marcaron un novo estilo de cine, que atopaba influencias nas pioneras do xénero “A vida de Brian” (1979) pero sobre todo en “O xoven Frankenstein”, esta obra maestra de Mel Brooks que se burla das películas de terror, e que sentaría tamén un precedente neste tipo de comedias: as imitacións cómicas duotras películas máis serias. O mellor exemplo: “A loca historia das Galaxias” (1987), tamén rodada polo mesmo director.

Pero hai unha escea de “Aterra como poidas” que explica un pouco o que acabará pasando nos nosos aeropuertos. É a secuencia do detector de metales cando un tipo armado con 4 Kalashnikov, un cinturón de granadas de mán e moreas de afilados coitelos nas cartucheiras pasa o control sen que os vixilantes se inmuten nin un pelo ata que, segundos máis tarde, atraviesa unha vella medio minusválida e máis inofensiva que a abella Maia á que deciden rexistrar porque o detector pita coma unha ambulancia. Aínda que non aparece nesta escea, esa película coronó a Leslie Nielsen como o bufón da corte e foi un pouco visionaria sobre o que acadaranos a próxima vez que queiramos coller un avión.

Non creo que Casi 300 lles cambie a vida. Pero alegrarálles a tarde, que non é pouco. Esperemos que estreen máis de 300 películas coma ésta, unha para cada tarde do ano.

Traducción: Maria Arruñada



Foto No Armas (flickr: leo.prie.to)

Foto Histeria (flickr: inconsciencia)